terça-feira, abril 19, 2005

Ola, que tal?



Benvidos a esta aventura! Pasen e póñanse cómodos, que nesta bitácora terán collida todos. Hoxe pode abrirse un novo mundo, hoxe (ti que me les) podes erguer unha man e deter o movemento da Terra. Convéncete. Na túa forza está toda a forza de milleiros de persoas que loitan por liberarse. É tan só un paso máis e xa está. Dicía un proverbio: "quieres ver el mundo, mira está debajo de tus pies". O problema é que mentres estás sentado non miras os teus pes, entón non miras o mundo. Ergámonos, non é tan difícil... pero por agora só vos pido que me acompañedes nesta viaxe ata a fin a imaxinación, prométovos un mundo de cores e ilusións, onde voar con so mover a cabeza dun lado a outro mentres o pelo se torna nunha doce ánima celeste.
Won´t you die tonight for love?
Baby, join me in death...