terça-feira, abril 19, 2005

Encontro na porta de Zara

Levabas algo no peito.Non sei se eran dúas rosas ou dúas maragaridas que che escapaban.Aromas... calor que se agochaba no meu profundo interior, oculto entre o fume de tantas presenzas pasadas.E ao redor, mil lúas que deciden botar a andar propulsadas por motores de galosina, corais no chan que se desfán. Chove, e eu desfágome na chuvia coma nun café o azucre, coma un caramelo na túa boca. E segue aí o teu peito. "Que gardas ai?", pregunto mudo na túa próxima distancia. Non me atrevo a mover os beizos, silenciosa ti tamén calabas (a ollada revirada).Debo irme, o mundo chámame. O meu estómago dá voltas, precisa menciñas.Non miras como me vou, tampouco miraches nunca como cheguei. Un baleiro vaise, un baleiro que quere encherse con aromas. "Que gardas aí?". "Gardo as esperanzas, a fonte da que máis queres beber ti".

Se atopa unha muller con escote na porta do Zara de Praza da Galiza, por favor descubra o sombreiro se resulta que é unha rapaza morena, de chaqueta oscura e pantalóns negros e morados. Acabará vostede de ver a unha das mellores repartidoras de flores da cidade.

2 Comments:

Blogger Unknown said...

DEPRAVADO, OBSESO, JUARRO, PERVERTIDO, EN RESUMEN, THE CLANSMAN

10:38 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Descurín a humanidade/
no máis inhumano dos apartheids./
Non sei se e o aceite o denso,/
ou é a auga./
Pero hai profundidade nese teu corpo vertical/
Cando tenegas a aoiar no Mar Negro./

Plaza de Galicia./
Chove./
Xa on hai ninguén a rúa./
Só un par de flores mustias/
e unha caixa de Algineptol/
na porta do Zara.

11:26 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home