quarta-feira, abril 20, 2005

Un home agarda no deserto...



"La arena de los relojes hizo crecer el desierto..."
Xa non chegan rumores, xa non se escoita á escume facer tremer os muros da miña casa. Estou aqui, na aula de informática, mentres que aí fóra chove e chove e chove. Semella que hai un deserto eterno entre as paredes desta facultade. O chan convértese en area de reloxos que crebaron, como dicía a canción. O tempo estalou esta mañan e ainda chega ata aqui o seu ronsel.
A realidade era un fráxil cristal, tanto que tan só bastaba o teu tenue alento para rachalo. As mentiras comezaron a bailar ao redor coma as cores nun calidoscopio (agora unha mentira verde, agora unha azul...), eu ficaba calado e deixábame levar, rindo coa risa dos tolos,ollando coa ollada dos mortos... O pasado, o presente, o futuro. Todo se xuntou nun momento, os teus dedos de súpeto foron puñais e eu deixei de crer no mito do empirismo.
A túa historia...
E a miña...
O teu corpo de cacto resalta no horizonte. O vento enfurécese e comezo a respirar area. Pouco a pouco, vai asfixiándome. Entran os meus derradeiros soños polo meu naris.
Un home agarda no deserto a que lle pintes de cores o ceo, a que lle borres as nubes escuras da súa pel...
A devolver a liberdade a aqueles que xa non teñen nin pan.

2 Comments:

Blogger Unknown said...

VAISECHE A OLLA

7:40 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Cantas o dariamos todo por unha paixón coma esa...
Mil bicos!

10:44 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home