quarta-feira, setembro 14, 2005

Perdón pola tristeza



Lémbrome cando era un rapaz de flequillo e mofletes anchos, un rapaz de ollos grandes e orellas de soplillo. Lémbrome do sorriso que botei nada máis facer a primeira comuñón e aquel tempo no que olñlaba ao mar e cría en Deus (menos mal, duroume pouco). Lémbrome escoitando a Víctor Jara e a Silvio e o fácil que era crer no socialismo (agora sigo crendo pero con máis crebadeiros de cabeza). Lémbrome cando me ensinabas a soñar, cando cantamos xuntos o Hino naquel concerto de Suso. El morrería uns meses despois e convertérase nun mito para nós. Lembro cando me poñías aquela canción de Suburbano ("dime qué hacemos, pirata, en medio de este descalabro. Quédate tú si prefieres que yo me abro de aquí").

E agora aprendín a odiarte a golpe de navalla e berro. Agora queres levarme do único lugar no que cecais fun feliz. Agora, que ti cres conseguir fuxir do teu descalabro, comeza o meu. Agora sei que nunca conseguin quererte coma pai, que o teu bafo a cervexa e tabaco puido máis que as cancións e os libros.

Decidino: non me irei contigo, tampouco me quedarei na casiña a carón do mar. Tampouco Vila Feitiña consegue calmarme, estou ata os güevos desta puta cidade. Precisaba pasarme uns meses crioxenizado e atoparme cunha nova vida de súpeto.

Decidino: teño un mal presentimento e os meus malos presentimentos sempre se cumpliron ata agora. Este ano será o ano da miña fuxida. Cara algún lugar... lonxe...

Total, como diría Patxi Andión, a quién le importará.. na nai ná na nai ná

5 Comments:

Blogger Unknown said...

a onde vas ir homiño? quen te quere a ti?

11:54 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

hai máis xente á que lle importa. máis da que ti pensas...

12:09 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

E a quen lle fago infusións?¿??¿?¿?¿(nadie máis as quere!!!):(
:D

6:56 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Te leo y muy creyente te veo, todavía. Si estás acostumbrado a esperar los frutos de un árbol que sólo da sombra, es normal que te frustres.

8:10 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Mais non marches lonxe da Internet. Non nos prives da túa maxia.

5:03 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home