segunda-feira, setembro 05, 2005

Cando as follas caen..

"A nosa Terra ten tendencia ao alongamento dos outonos"
R. Otero Pedrayo
...E atrás quedarán as noites a carón dos mares. Coma dúas follas dunha mesma árbore, chegará o vento de Setembro e será o momento de fuxir desa poliña que os une. Ela voará lonxe, a outro país, a outra terra onde os trens sempre chegan con retraso. E el quedará ao pé da árbore, marrón e escuro polo Sol de Agosto (igual cá ela), e quererá fundirse co chan e atopar as bagullas de auga que alimentan ás raigames.
...E lonxe, sempre tan lonxe un doutro... sen atopar nunca de volta aquela poliña na que conseguiron por un tempo ser folliñas verdes resgardas da tolemia dos pirómanos, sen responder endexamáis aos cantos das rulas as noites de luar.
...Lembrarán os magos con botellas e fíos nos petos. Lembrarán aquel barquiño no peirao e as noites de venres de soidades compartidas. Lembrarán as carreiras nas noites de néboa pola praia e o desexo de batir récords e conseguir papel.
...Lembrarán longas conversas e a vergoña ante a chuvia, o futbolín das risas e a felicidade, as noites nas que mandaron ao exilio os vermes e a camisola do revés.
...Pero tamén lembrarán que voltarán a mirarse (coma a primeira vez, naquel debuxo a lapis embaixo da Lúa)
...E cecais tamén choren un pouquiño mentres agardan.
Para María e Diego, por facerme un pouco máis feliz este verán e pola súa felicidade compartida. Deséxovos o mellor. Sodes grandes!!!!!
Tamén para aquel@s que se van este ano e que agardo que volten cun sorriso que non lles quepa nos beizos.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

lonxe, lonxe,lonxe. Quizais alguén non volte. QUizais alguen escolleu voar o mais lonxe posible porque non lle gusta o que ten, non lle gusta o que se lle oferta neste mercado, non lle gusta acabar sempre en cuarto plano. QUizais alguen odie sentirse insignificante. Quizais alguen sintese pequeno, moi pequeno e qeura agocharse e deixar de medrar. Quizais alguen non quera voltar, non quera lembrar. Quizais alguen xa ten firmado a súa pena, de morte espiritual, de que xa ninguen se lembre quen foi nin quen aínda tenta ser.

12:02 da tarde  
Blogger TheClansman said...

Eu tamén estou ata os güevos de Compostela!!!!

11:20 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home