domingo, julho 31, 2005

Mosquis!

Por que as verbas axeitadas sempre chegan un día tarde? Despois de meses agardando polo encontro, apareciches por aquel cosmos de rostros entolecidos e achegácheste a min para bailar xuntos Fiesta Pagana, coma nos vellos tempos. E coma nos vellos tempos eu tiña os ollos vermellos e algunha agulla no peito. Ti igual de loira e maquillada cá sempre, con ese sorriso e con ese xeito único que tes de desfacer as distancias cando susurras no oído: Levo ben gardado o tacto do teu naris na miña meixela.
Puiden dicirche cousas coma: "que gañas tiña de verte, apeteceche charlar?", ou "buscame no Trasno que de seguro te invito a un calimotxo". Pero tan só te estiven dicindo que contaba con terte o ano que ven por Vila Feitiña e cómo carallo é que decidiches ir pra Vigo a estudar Tradución e Interpretación.
Falamos de Silvio e de batallas con cans. Os meus ollos vermellos dabanche medo e a miña boca espumeaba coma se estivese rabioso. Pero daba igual, iniciabas sempre ti cunha frase e ese sorriso de paxaros abrazados, e con eses ollos tan brancos gracias á súa escura coroa.
Lembróo ben: "o mellor xeito de fuxir da realidade segue sendo mentir". Estamos tolos. E a min gústame que me mintan. Por iso nese momento de silenzo veu Andrea e colleume para bailar. Menos mal. As túas amigas aproveitaron para rescatarte e non volvín verte.
E hoxe, xa ves, estou convencido de que debo atoparte para poder dicirche as cousas que se quedaron na parte de dentro dos beizos. Debo atoparte antes da hora maldita (a hora dos torpes, que diría Ismael Serrano), sen os ollos vermellos e sen agullas no peito.
É que sempre meto a pata coas mulleres...

5 Comments:

Blogger Unknown said...

que teñen as mulleres que non podemos vivir sen elas???

12:33 da tarde  
Blogger Caufield said...

IdEm :P

3:00 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

eeeeeeeeeeeeem...

eu tampouco sabería dicilo, pero reitero as palabras de caufield!

8:25 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Well done!
[url=http://pwbaukfw.com/tvuj/ranl.html]My homepage[/url] | [url=http://ebcqudoe.com/dmfo/tubn.html]Cool site[/url]

7:52 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Good design!
http://pwbaukfw.com/tvuj/ranl.html | http://ddvcewdk.com/haks/djck.html

7:52 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home