sexta-feira, julho 01, 2005

Despedida

Ao fin chegou o verao e as arelas dunha definitiva liberación de compromisos académicos e noites sen durmir, mentres a lúa se convirte nun branco vasiño de cafeína e os infinitos folios de apuntamentos reamtan sendo a mellor almofada que a miña cabeza pode atopar.

Xa quedou todo atrás. Dentro dunhas horas voltarei á miña pequena vila morracense, a atopar abrazos que agardo non caducaran, a descansar e vivir un pouquiño de realidade despois de todos estes meses de soños, marabillas e aventuras nocturnas que me regalou a nosa querida Vila Feitiña.

Despídome de vós cun golpe na fronte. Despois dun ano de amnesia, de esquecemento total da miña vida anterior, unha tremenda caída de cabeza amenaza devolverme á vida de sempre... E quedan aquí, grabadas nas pedras mil vivencias e mil historias que endexamais poderán fuxir:

a noite do eclecticismo na que a policía nos botara as botellas ao lixo e remataramos bautizandonos en xenebra

as noites de Platerías queixándome do lonxe que queda a costa vasca das escaleiras da Catedral, mentres unha parte de min fuxía temerosa cara Arxentina

os concertos do Momo nos que entre cubatas e canutos conseguia desenganchar da realidade e mergullarme no meu mundo de sorrisos

o piso de Héctor no que nos adoitabamos reunir os catro máis perdidos de primeiro de xornalismo, catro perdidos que xa somos catro irmáns

as botellas de licor café acumuladas na miña habitación...(a derradeira en irse foi aquela que baixamos na aula de prácticas)

noites de conversa que se eternizan e rematan cunha tarta de améndoa ao amencer

o día de furia que se convertiu en día de prisión, en día de saber o doce que é a liberdade cando estás rodeado de xente tan marabillosa

palabras que se alongan na escuridade diante do portal da súa casa, tanto que rematan morrendo e deixan paso aos beizos

a tropa de segundo (e bolseiro) que nos gastou a novatada e que se fixeron un bo sitio no meu corazonciño

a mítica frase coa que comezara todo: "eu a ti coñézote de algo" (e aínda seguimos sen estar seguros de qué nos coñeciamos!)

xente que aparece de súpeto, sen que ti o pediras, e que pinta cos dedos un cartel de Marea ás 5 da tarde na Quintana antes de marcharse, quizais para sempre


foise a luz chegou a sombra
o reino da oscuridão,
fecha os olhos guarda abraços
no fondo do teu coração
(tan só hai unha cousa no mundo que me deixara máis marcas cá ti: o bisturí que me operou de apendicite cando tiña nove anos)
Adeus, Vila Feitiña!!!!

5 Comments:

Blogger Unknown said...

na luz e na sombra, na riqueza e na pobreza, na borracheira e na resaca, no subidón e no baixón, na represión e na liberdade, AARÓN AMIGO ESTAMOS CONTIGO. Sempre teu,


Cirus the virus

7:42 da tarde  
Blogger Rocío Ovalle said...

Ninguna clase de amnesia podrá borrar todo lo que has vivido ni lo increíble que eres... Algunos, en estos mares de piedra entre los que se emerge el nombre de Compostela, también echaremos de menos tu presencia, tus locuras, tus debates internos con el niño que siempre acaba aflorando porque, lo sabes tú mejor que nadie, cuanto más creces más te sorprendes de las cosas más corrientes. Puede que eso sea lo que te hace tan diferente al resto, quien sabe.

Estas piedras os extrañarán a todos... maldita sea.

1:15 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Thank you!
[url=http://brwpvsmu.com/upln/dplr.html]My homepage[/url] | [url=http://hoqhkdpx.com/bsfp/datj.html]Cool site[/url]

12:42 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Nice site!
My homepage | Please visit

12:43 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Great work!
http://brwpvsmu.com/upln/dplr.html | http://fablxusv.com/vwmr/djwm.html

12:43 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home