quarta-feira, junho 29, 2005

Beizón na Noite

Na escuridade de voces...
eu apalpo tebras e téndoche a miña man...

"Everything about you is how I wanna be
your freedom comes naturally..."
¿Que queres que che conte?
Pois podo contarche
como a miña mestra de filosofía sempre me mirou dun xeito diferente
podo contarche
o estalido que deu a porta aquel día que me marchei de clase
podo contarche
porqué ultimamente non sei se teño feridas no corazón ou no estómago
"Everything about you is so easy to love
they´re watching you from above..."
E o teu tacto é de navalla
as túas mans son ferro quente queimandome os braz
...pero as outras mans son xeo e madeira
e tamén ferían coma unha navalla...
Perdón polo retraso,
perdín os meus zapatos cando viña cara aquí
e tiven que que parar cada minuto
polo dano que me facían as pedras do camiño
"Everything about you resonates happines
now I won´t settle for less..."
E hoxe por fin é a noite
...cómo voou o tempo!
(crebou o contrarreloxo)
Aquí, bailando
os dous...
deixamos atrás
o pasado
e por fin despegamos...
ti con saia e eu sen zapatos
ti mirándome
eu sen remedio para a nosa risa
Na miña man tan só existe a túa man...
...e non me preguntes que é o que existe na miña boca
"Give me the peace and join in your mind..."

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Well done!
[url=http://zallyefh.com/ryzv/xyxb.html]My homepage[/url] | [url=http://rdtmcnsb.com/pdpi/zdnb.html]Cool site[/url]

12:19 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Well done!
My homepage | Please visit

12:19 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Nice site!
http://zallyefh.com/ryzv/xyxb.html | http://pbvmrpsm.com/xigd/emzd.html

12:23 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home