domingo, junho 12, 2005

O desertor

Monsieur le président
Je vous fais une lettre
Que vous lirez peut-être
Si vous avez le temps...
Eles dous estaban sentados e a noite era súa. Ela cantaba unha canción e contaba historias de Francia. De súpeto alguen os rodeu e a cara del tornouse unha nube de verán. Pedíronlles lume e eles dous fuxiron correndo, sen mirar cara atrás.
Separáronse, ela quedou nun paso de peóns e el, con medo, non marchou ata que mirou a súa figura arribando á outra beira. Xa podía estar tranquilo, mañan ela seguirá tan sorrinte coma sempre. Un sospiro de alivio bailou entre as campás de Catedral.
E agora el camiñaba só entre a xente que pisaba milenios mentres facían o tren. Ía confundindo os rostros, imaxinando historias de amor en mundos lonxanos, lembrando a aquela princesiña que a pesares das súa beleza e o seu poder nunca conseguiu supera-la timidez.
E de fondo estaba a canción. Unha canción que soubo convertirse en pedra para poder estar preto del.
Pero as pedras son frías e os seus pasos debuxaban no chan palabras terroríficas. Agora que por fin estaba só (que era como sempre quixo estar) xa podía entregarse á función que máis lle divertía: pechar os ollos, aspirar ben fondo o ar da noite e devolverllo ás estrelas coa dose de fantasías que gardaba nos pulmóns. Convertíase nun peixe máis entre a pedra, buscando degoirante e famento o plancton-gaivota que debuxaba espiras ao seu redor.
Por fin só, por fin preparado para sentir...
E de súpeto golpe de auga nos miolos e estoupido de dor nos pulsos. O desexo de ser libre por fin cumprido.
Na soedade o seu corpo queda inerte e ledo para sempre. O sorriso eterno queda debuxado na súa cara.
E ninguén pasa... Ninguén escoita as derradeiras notas que canta...
Por fin feliz... Por fin cadávre!

3 Comments:

Blogger Unknown said...

Cantos petas lavabas fumados antes de publicar isto?

10:41 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Good design!
[url=http://qpcfcqfo.com/eyib/vkns.html]My homepage[/url] | [url=http://yjbpkqtq.com/awht/niwi.html]Cool site[/url]

2:02 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Thank you!
http://qpcfcqfo.com/eyib/vkns.html | http://wpvawkak.com/taax/pttv.html

2:02 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home