Non teño ganas de estudar!
Na miña cabeza ninguén resposta.
Non hai ninguén aí dentro.
Pecho os libros abertos e quédome coas letras debuxadas naquela rosa que me regalaras.
É hora de queimar verbas...
Que pasará cando no remate das escaleiras xa non haxa ninguén agardando?
Tan só unha porta marrón, pechada con chave, aparece no umbral dos meus beizos.
Quédome co silenzo
e coas ganas de berrar
Quédome contigo
e coas ganas de amar
(aínda que ao final a branca candea nunca chega a alumear, pero si a deixar o seu rastro de brancura polas baldosas do noso bosque sagrado)
2 Comments:
As portas marróns e fechas están para se abrir, como a tristura e o agre da alma están para ser expulsados, e deixar paso á quentura encarnada e húmida duns beizos que (queiran ou non queiran sabelo) están a agardar.
Só tes que atopar a chave.
non eres o único
Enviar um comentário
<< Home