segunda-feira, maio 23, 2005

Confesión Urxente

Os meus ollso aínda só chegan ata a altura dos teus nocellos. Podo percibir docemente eses fíiños de cores que tes colgados del. Aínda estou na idade de gatear, esa idade na que o mundo resulta ser unha multitude de pernas que pisan e patean ao teu redor. E ti ben sabes, por que tamén nalgún momento pasaches por esa idade, que algunha sempre consigue rematar golpeándote.

É que xa todos estades na idade de berrar, de xulgar, de tomar decisións... de crear. E eu sigo mirando cos meus olliños cada vez máis pequenos as cousas coma se fosen totalmente novas, marabillándome con cada detalle, botando unha risiña tímida cando sei que metín a pata.

Dedícome a observar. Aínda non coñezo tanto este mundo coma para poder miralo dende un pedestal coma vós. Son un bebé ignorante dos males da vida que lle gusta dar voltas polo chan do viveiro, amosando á Lúa un sorriso de xenebra e hachís.

E dentro duns anos todo será igual que sempre, igual que agora. Ás veces penso que cada ano que pasa no canto de medrar fágome un ano máis pequeno... É o que ten que no canto de soñar deixes que os soños se apoderen de ti. Pero sempre queda un anaquiño de esperanza, desa que sempre está pero nunca chega. Así que, vén, quédate esta a noite a soñar comigo e deféndeme desa man escura que o move o meu berce, espanta toda as sombras do pasado e libérame mentres dure a luz das estrelas.

Que se prepare o mundo se esta noite compartes soños comigo.

2 Comments:

Blogger Unknown said...

eeehehhhhhhhhhhhhhh????? vale. ke si. yihhhhhhhhaaaaaaaaaaaaaaaaa

10:15 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Que cada día que pase sigas seindo más pequeño, que no aprendas nunca de nuevo lo establecido, que te sorprendan esas pequeñas cosas que el resto de viles almas que habitan esta maldita tierra damos por supuestas. ¿Sabes?, tu mundo es maravilloso, cuídalo siempre, no permitas a nadie que te lo arrebate. Mis más cordiales saludos.

Por cierto, ¿Qué tal tu espalda?

http://www.labezh.bitacoras.com

9:11 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home