segunda-feira, abril 25, 2005

Alfonso Daniel Rodriguez Castelao

Compañeiro Daniel de vida innumerable /como os astros do ceo i os camiños do mar /na tenebrosa noite da patria inhabitable /témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra /es noso i a túa luz alumea a escuridá /que nos deixou a historia de tres anos de guerra /en que os lobos mataron a luz e libertá.
Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban /i enloitaron cunetas con sangue loitador /as pistolas sonaban i os panbidos berraban /a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto /pra erguerdes un exército que endexamais loitou /e morriches un día sin veres entreaberto /o camiño da volta que a túa alma soñou.
Pro na Patria abatida e do pobo explotado /nacimos nós os fillos da morte e do tristén /percurando furiosos vinganza e novo Estado /unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe /matou desesperado na outra banda do mar /prometémosche a terra dunha Galicia ceibe /pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.
(Darío Xohán Cabana).