segunda-feira, abril 25, 2005

Ribeira, 17 de Abril de 2005



"Trae una estrella en la frente
y una puesta de luna en cada mano"
Recorro os lugares de sempre pero hoxe semellan diferentes...
(luar...
calafríos...
quedas ollando para a lúa...
e de súpeto estás namorado!)
Síntome coma un imbécil baixo a túa ollada, sementas na terra esperanza coas túas bágoas. E eu mirandote, coma se non pasara nada. Que me pasa? Que é o que está dentro de min e me ten atrapado nesta espira de indiferenza.
Estou no meu caparazón. Petade se queredes pasar, pero aviso de que hoxe non estou para ninguén. Tan só para ti, un pequeno cervo que quere ter ás pero que ten medo de aprender a voar.
Hoxe quedo no meu caparazón, tantos compañeiros me abandoaron, índose para as distancias iñotas do espazo e do tempo que agora ata eu teño medo de min mesmo. Cando me tocará?
(medo)
(frío)
(desacougo)
(lembranzas)
(funerais)
(suicidios)
(loita)
(derrota)
Hoxe dentro do meu caparazón gardo unha bandeira rota. É vermella coma o sangue e ten a mesma estrela que ti gardas na tua fronte.
É momento de gardar silenzo. Un loitador caiu esta noite.