domingo, maio 01, 2005

Dende os suburbios da democracia

Tan só dúas cousas ainda me fan tremer o corpo: a faciana sorrinte do fascista Fraga Iribarne (debía de estar lembrándose dos vellos tempos) e o agora común sentir de que o lugar natural das mans é detrás da espalda.
De súpeto os cartaces racháranse e nos vimos rodeados de policías que nos "invitaban" a saír. A súa arremetida fora brutal. Os xestos de dor dalgúns compañeiros fixeron que un gatiño negro arañara o meu estómago por dentro. Despois arrastraron con nóse nos levaron cara fóra. Fumos tres os esposados, mais resulta que tan só eu iría a comisaría aquel día. Resulta que o policía que me collera se fixera dano nun dedo na súa brutal carga, e semella ser que iso xa é suficiente para que te imputen o cargo de "atentado". Así vai a democracia, un presidente que non dubida en ordear a´s forzas de seguridade que repriman os actos de protesta e uns mozos que se manifestan pola mala situación do emprego para a mocidade e que son sacados a rastras dunha protesta pacífica e ademáis denunciados por resistencia e cousas así.
A tarde no calabozo foi unha tarde fría, de pintadas no teito e portas desagastadas polos golpes. As reixas que dan aos suburbios do noso "sistema democrático" tiñan colagado na súa pechadura un chaveiro coa efixie do Ché. "Hasta la victoria, siempre", un corpo sen vida (pero con moito espirito aceso) revolveuse baixo as terras de Bolivia. Sentino no meu peito.
As horas daban voltas no meu pola miña columna vertebral. Só. Inocente. Qué fago aquí? Sen cordóns, sen cinto, sen colares... Tan só algunhas verbas de Ánxel Fole no meu peto me daban algo de compaña. Voltas e voltas, só, pinto o meu nome no teito coa pel da laranxa e agora qué? Canto tempo pasou? faise eterno, confundo os minutos coas horas e as horas cos minutos, non existe o tempo, tan só están as paredes e o meu corpo no medio.
Petan na porta, por fin o meu nome. Que hora é? coido que foi o primeiro que preguntei. Sesión de fotos: a dereita, de fronte e agora en diagonal. Acento: gallego. Pelo: Muy Largo. Saio a non declarar.
"Aarón, estamos todos!"
"Vostede non se achegue(porra na man)"
E despois outro breve tempo no que xa case era a miña casa. Ao pouco monto nun furgón e cara aos xulgados rodeado dos sons duns megáfonos que berraban o meu nome. Eran as voces dos meus compañeir@s. Unhas bágoas escorregaron pola miña meixela. Por fin ía camiño cara a liberdade. Nun principio querían reterme toda a noite e que fora a declarar a mañán seguinte ante o xuiz. Pero, menos mal, o sentido común reinou finalmente.
E ao sair do xulgado, voltando outra vez á liberdade, atopei cunha morea de seres celestes que me fixeron comprender que outro mundo é posible. Fontiñas enchérase de flores e de aves, de cantos e de aromas. Un estoupido de bágoas e amocións saltaron ao abrir a porta, abrazos, sorrisos... xa quedara atrás todo (ou alomenos polo momento) e tan só quedaba desfrutar da presenza de tod@s el@s.
MOITÍSIMAS GRAZAS a todos aqueles que me acompañastes este xoves 28 de abril. Nunca na vida me sentín tan fachendoso de algo coma de tod@s vós, compañeir@s e amig@s.
GRAZAS por remexer a vida compostelá por un día e tomar a rúa en contra daqueles que nos queren facer calar. Conseguistes que o peor momento da miña vida se convertise nun dos máis preciosos e inesquecibles. GRAZAS!!!!!!!

2 Comments:

Blogger Unknown said...

puntazo, amigo, estamos contigo

10:22 da manhã  
Blogger Caufield said...

Compañeiro Puntazo de vida innumerábel...xDDD...q wonito o q pos!!!Animate!Morrazo ceive!!!
Volveriamolo facer outra vez...
Fraga mamonazo libera a Puntazo!!!
:)

1:44 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home