segunda-feira, abril 25, 2005

31 anos despois...


A primavera aquel ano comezara un 25 de abril. Os caraveis decidiron nacer na boca dos fusís e foron as brancas pombas da paz as que ergueron ao pobo e lle devolveron o que era seu.
Amar é combatir.
Dicir o teu nome é o meu xeito de berrar liberdade.
E xa pasado o tempo, o esquenzo pouco a pouco vai apoderandose de nós. Xa apenas lembramos que hai outro xeito de facer as cousas, hai un camiño polo que se pode andar sen deixar rastros de sangue.
E hoxe o mundo pouco a pouco vaise caindo. Iraque é unha ferida mortal, a terra rebosa de cicatrices... Onde quedan aqueles ideais, aqueles tempos...? As solucións hoxe non semellan as mesmas.
Lembrade que somos máis ca un nome escrito nun papel, lembrade que o mundo é voso e ninguén, absolutamente ninguén, pode arrebatarvos a vosa herdanza diviña.
Hai cousas que se deben facer, xa sexa co fío da espada ou emborranchando papeis. A miña espada é hoxe unha flor.

O 25 de abril é (R)evoluçâo