Loucura
Desarmado. Co corpo retorcido. Exiliado... Sometido a un ceo de marróns e de grises que non semella que vaia rematar. Cada vez é máis escuro, e non deixo de pensar que tal vez me gustaria que se avalanzara sobre min. Que me inundara, que conseguira entrar nas miñas veas e alimentar as miñas células coa suave alento dos paxaros. Sería a mellor forma de fuxir, si, fuxir, tan lonxe.
E contigo, sempre contigo. Man enriba de man e flores nos ollos. Sospiro... Sospiro e fumo porque é o único xeito de sentir unha presenza (a do fume).
Agora tan só quero estar xunta ti. Voltar a revolver ese sorriso na tua face. Sentir o tacto das tuas nos meus xeonllos. Escoitar a promesa de que, a pesares destes trebóns, o marabilloso que pouco a pouco foi nacendo quedará.
Loucura. Espirais e espirais na miña fronte, brazos que se estiran, peito que estala. Embaixo dos adoquíns agárdame a praia, mergullareime algun dia de cabeza neles. Infindo mar de pedra de Compostela, eterna marea de gris e duro algodón. Doce baño de granito.
Tan só quero que algun ser celestial me mande un sms que ao abrilo poña esperanza.
O resto, é soedá.
1 Comments:
Váisevos a ollis
Enviar um comentário
<< Home