Agardando...
Aparece unha silueta no ourizonte e boto a tremer. O seu corpo é vento frío e leva mil feridas na súa pel. Desaparece e acougo. Por fin un intre de paz. Todo volta á normalidade...
Hoxe a praza do Obradoiro síntese espida sen os nosos corpos deitados sobre a pedra. Unha chispa de mornura aínda quenta aqueles escalóns que outean os dragóns dende as súas fiestras. Tan forte é a chispa que ningunha tormenta conseguiu deixar aínda o seu rastro húmido enriba deles.
Unha pomba pasa e todo é soedá.
Unha formiga póusase na palma da miña man e sorrío. Faime cóxegas. Faime fugazmente feliz.
É certo que eras vento, mais non a favor. É certo que eras a miña barca nesta viaxe polo deserto de pedra de Compostela.
É certo que as anémonas de fume que saen da miña boca emprenderán o voo do exilio contigo.
Cando caia a noite berrarei e serei libre. Mentres tanto adícome, espido sobre as rochas, a agardar...
1 Comments:
puxeches ourizonte? que é iso? unha mestura entre ourizo e rinoceronte?
Enviar um comentário
<< Home