sexta-feira, junho 03, 2005

Caleidoscopio

Amarelo, violeda, laranxa... Ela ía vestida de cores e os tintes rosáceos do atardecer ollábana con envexa.

Azul, gris, marrón... El deitábase sobre unha pedra e a súa silueta era unha catedral gótica en ruínas.

As súas peles eran verdes, pero non se coñecían.

As súas paixóns eran douradas, pero eles eran sentimentalmente daltónicos.

"Cando veña a escuridade sei que chegarás para salvarme", soñaba ela, "mentres eu aínda camiñe e os paxaros canten seguirei coa esperanza da túa aparición". E así a saia violeda comezaba a voar entre os talos dos caraveis, contaxiándose de pétalos e aromas, regalando ilusións ás febles avispas que agariman a pel da súa meixela. O ácedo bico é aceptado cun sorriso.
A saia violeda sabe que os bicos doces chegarán algún día. Mentres tanto conténtase coas avispas.

"Quero que todo se afaste de min", pensaba el, "quero que tan só ti quedes ao meu lado, embaixo desta fornecedora chuvia de sangue ". As pedras son duras e frías, o seu desexo de rolar costa abaixo é comparable ao seu desexo de liberación. Esterilidade monótona. Gris e marrón no peito que agardan por que medre unha flor entre as rochas. Pero tan só medra mofo.

A pedra gris sabe que as flores chegarán algún día. Polo de agora, na podremia atopa acougo.

Amarelo, azul, violeda, gris, laranxa, marrón...

A chuvia de sangue segue caíndo e mancha de vermello á saia violeda.

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ai meu rei! tiña oido que eras grande escribindo, tiñao comprobado de cando en vez...pero hoxe tras tempo sen te visitar doume cona de porque espertas o meu instinto maternal...Ti, que me fas sentir orgullosa; ti, que fas realidade, coma tantos outros fillos aos seus pais, as miñas frustracións endexamais esquecidas e que estou segura qeu algún dia chegarás a ser o que sempre ansiei e nunca conseguirei; por ser ti meu fillo adoptivo ademais de irman de mocho (supoño uqe a estas alturas xa saberas qeun son, aínda que... ¡quen sabe!Sempre que nos xurden conversas apaixoantes sobre parentescos que nos unen imos anestesiados por elixires de perdición) Teño a corazonada de que chegarás lonxe e quen sabe dende onde lerei a túa primeira novela,eu que sempre fun unha ave errante....

MODGIRL

P.D.: levo un anaco da mañá estudando, media hroa, e eso para a miña natureza é moi malo...calquera dia teño o vicio metido no corpo!!!

12:51 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

"doume cona"? JOJOJOJOJOJO

2:52 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

ui!non me dera conta.....era daoume conta...non se pode ter nin un despiste eh???

3:41 da tarde  
Blogger TheClansman said...

Ola mamá! grazas polas túas louvanzas, pero boeno, son das típicas que unha nai lle di a un fillo en plan: "oh, pero mira que bien aquí el rapaciño, aín me va tener futuro y todo.." Sinto desmentirche que o meu futuro literario é bastante nebuloso, ou o curro moitísimo (cousa que non vai ser debido á miña personalidade basicamente vaga-bunda-)ou fatal, tio, fatal... Boeno, aínda así intentarei cumprir esas promesas que algunha tarde de sol e silenzo (os mortos de Bonaval están de testemuños)lancei ao aire tal vez sen saber moi ben ao que me comprometía (isto vai pola de San Sadurninho, un biko!).
Hai moitisima xente que merece escribir un libro antes ca min, moitísima... tan só basta con ver a cualidade dos textos dalgunhas das miñas ligazóns.
E tranquila miña maiciña do Norde e irmá de Mocho, algún día sacaremos a bailar a Jon Sistiaga pola Rúa do Vilar (q o cabrón débeme un baile!) e para que vexas que me lembro ben das conversas etílico-canapiaceas tan só che direi que seguirei coa miña loita de que se pòña unha sauna na faculdade!!!!!!!!
Deica sempre

1:34 da manhã  
Blogger TheClansman said...

E por certo, quen carallo se agovcha tra-lo nome dese gran patriota vasco recentemente morto que é jon idígoras?
Tal vez algún dos espíritos de Bonaval?????
Viva Galiza Ceive e Socialista!!!!
Euskadi askatuta!!!!

1:37 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Nice site!
[url=http://rhwoqmqc.com/xvjz/vkqu.html]My homepage[/url] | [url=http://lxmygbid.com/amhm/zaog.html]Cool site[/url]

8:57 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Good design!
My homepage | Please visit

8:57 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Great work!
http://rhwoqmqc.com/xvjz/vkqu.html | http://vonnrpgs.com/rscq/xzwd.html

8:58 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home