segunda-feira, junho 06, 2005

Hai unha Man Escura que me busca

Hai unha Man Escura que quere vingarse de min...

(teño medo, ás veces estou seguro de que sempre anda detrás de min, coas súas gadoupas de acibeche agardando a cravarse na miña pel)


Ela levouse todas as miñas bágoas...

(a súa lembranza é a lembranza das espiñas e do fracaso, aquela época na que eu non sabía o que era mentir)

E agora agardo a que entre golpe e golpe que me asesta de cando en vez teña unha posibilidade de coñecer a Vida.

Algún día as sombras do pasado vos pasarán a conta. E xa non teredes cartos para pagar...