Cristal
Desexo de avanzar... presión no peito...
Ergo os brazos coma crucificado e dou un paso adiante.
Onde estás?
A superficie é fría e eterna. Case semella aire pero non consigo respirar.
O meu alento deixa un ronsel co debuxo duns beizos que forman un corazón.
Desexo de saltar... fronteiras nas pálpebras...
A túa lembranza é o fío dunha navalla que docemente me vai cortando a pel.
E sempre estás aí, debaixo da miña gorxa, almacenando nas túas mans restos da miña hemoglobina.
O sol está xeado esta tarde.
Compostela seméllame o máis frío dos icebergs.
Desexo de voar... lembranza de paxaros...
Unha canción pasa pola miña cabeza e lémbrame que "no hay libertad regalada sino tallada sobre el mármol y la piedra de monumentos llenos de flores y de hiedra".
É hora de avanzar.
É hora de saltar.
É hora de voar.
Na herba atoparedes o meu corpo de plástico.
3 Comments:
Boeno, ten só dicir que á hora de meter aí o que dicía a canción se me colou unha errata. Outorgarei un non-premio a quen me diga cal é a errata e cal é o título da canción.
A ver eses xornalistas!!!!!
Agardamos atopar o teu corpo a danzar e brincar polo Avante, Tarasca, Maycar e demais tugurios; Así que a erguer eses ánimo que despois aínda resta erguer o País.
E no Ambigú!
Enviar um comentário
<< Home