Resquicios...
Estes foron días deses nos que te adicas a sacar pedriñas da sola dos teus zapatos. Foron noites de catarse prohibida nas que a única meta era conseguir que o teu corpo non rematara caíndo ao duro chan de pedra.
_Un tolo íspese na parte de abaixo do Avante, un tolo que deixou marcas de beizos no máis agochado daquel avispeiro que resultou ser un niño de serpes_
Finalmente o corpo caiu. Pero docemente e de xeito premeditado.

*Na Biblioteca Xeral ti ensinabasme as costas e eu ría nos meus adentros, pensado na posibilidade de atraparte*
Foron días de dar e recibir explicacións con mil alfinetes cravados na miña caluga. De voltar a sentir mentres nas miñas veas corría xenebra, cervexa e licor-café.
Foron días de dar e recibir explicacións con mil alfinetes cravados na miña caluga. De voltar a sentir mentres nas miñas veas corría xenebra, cervexa e licor-café.
{Ela subía polos portales, eu intentaba unha táctica de adiantamento pola banda da esquerda... Pero todo rematou nunha recaída da miña lumbalxia sentimental}
Pero boeno, tal vez deba descansar un pouco e pensar que a visión de Rostow é aplicable a outros campos da vida, sen perder nunca a súa cualidade de errónea. Tal vez sexa tempo de aplicar medidas proteccionistas no meu corazón e decretar a suba de aranceis no meu peito.

4 Comments:
Non sexas dummie/da ami??
Preciso aclaración sobre esa propaganda encuberta da Xunta!!
Great work!
[url=http://euvgoqce.com/tyvi/tdpj.html]My homepage[/url] | [url=http://nrcthmcx.com/rpqt/qzud.html]Cool site[/url]
Thank you!
My homepage | Please visit
Good design!
http://euvgoqce.com/tyvi/tdpj.html | http://kifpztpw.com/dhba/ejuz.html
Enviar um comentário
<< Home