Morceguiño, morceguiño... quen é a máis guapa da cidade?
(Non hai ningún espello, e o único que aparece esta noite no parque é un bichiño negro de coitelos afiados).
Morceguiño, morceguiño... quen é a máis guapa da cidade?
(E o morcego non di nada. Dedícase a voar, nervioso e saltarín, arredor dEla. Ten esa ollada de non saber que contestar)
Morceguiño, morceguiño... dime, que me morro, quen é a máis guapa da cidade?
(O bichiño póusase no seu ombreiro e bícaa docemente na meixela. Deixa como marca unha estrela)
Morceguiño, morceguiño... dime, que te vas, quen é a máis guapa da cidade?
(De súpeto mil coitelos negros voan na noite e fan do aire unha mistura de cores, froitas e diamantes. Racharon o tecido do ceo e as estrelas comezan a caír enriba dEla)
Morceguiño, morceguiño... por que me atrapaches esta noite nas túas ás?
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home