luar no candil
Ás veces hai unha luz gardada no lugar máis inesperado. Unha luz que de súpeto salta e que non tes tempo para impedir que te cegue coa súa forza. E quedas pampo, seguramente xa para toda a vida, mergullado nunha maré de éxtase infinda. É que ata luz da lúa pode estar recollida nun candil...
Previous Posts
- O desertor
- Resquicios...
- Minutos de soidade
- Non teño ganas de estudar!
- Vida
- Cristal
- Hai unha Man Escura que me busca
- Caleidoscopio
- Cousas que debo dizer
- Afectado
Ligazóns
segunda-feira, junho 13, 2005
2 Comments:
Compañeiro, camarada:
Saiba voçé que non é para tanto, que se por algo nos custa esta época é somentes porque non temos ganas de vivila. E iso é parvada. Analisemos as cousas en frío: nunha semana "de exames" saímos dúas noites, droghámonos algunha vez e botamos uns risos tremendos.
E nalgún intre rallámonos, mais que sería a vida sen reflexións/depresións profundas sen sentírmonos ás veces desnortados, sen xogar a escoller o millor camiño para trabucarse e volver a matinar.
Aaaai, esas míticas ralladas político-afectivas rodeadas de luces e espiras canapiáceas!!
Pero as espiras canapiáceas son velenosas na soidade noiturna da miña habitación. Esta noite estiven recluso na miña propia casa, recebindo golpes nos ollos e con carceleiros negándolles a entrada ás visitas amistosas. Conseguin fuxir e recibir un fortísimo abrazo recén chegado dun colectivo. Logo todo se desvaneceu, e cando espertei na branca cama do amencer estaba rodeado de paxaros e espíritos amigos. Todos se foron por que pedín soidade, agás un, ao que lle pedín que se quedara para explicarlle o senso de toda esta tolemia. A fiestra estaba aberta e unha brisa revolvía o seu cabelo. Pechamos os ollos e a nosa vida de súpeto botou a voar...
Enviar um comentário
<< Home