Por que me custa tanto sorrir, falar cando estou rodeado de xente? Eles rin e beben, eu calo e fumo (fumar é o acto de consumo preferido dos melancólicos) mentres tento buscar a salvación entre abismos de furacán e neve.
Gústanme as conversas de dous, cando a comunicación é pura e podes espirte sentimentalmente diante dalguen. É entón cando a miña lingua comeza a bailar.
Cando as conversas fluctúan entre berros forzados e artficiais, cando me sinto totalmente inútil de poder aportar algo ante a felicidade xeral é cando recollo as miñas cousas e me vou.
Eu son así, ou así me fai ser esta época de exames.
1 Comments:
ánimo aaroné, que en peores prazas temos toreado
Enviar um comentário
<< Home