quarta-feira, julho 13, 2005

Aroma a morA


Agarda un pouco... é este fodido vento que me dá frío, non te impacentes...
Disme que xa é hora de marchar desta campá de pedra, que é o momento de saír e mergullarnos no mundo de novo.
Pero agarda, en serio... que vai moito frío e teño medo de que volte de novo a tusir coma a noite anterior, cando levaba catro días sen tomar o Telfast.
E que me agarda aí enfora? Se é o teu corpo de novo, prefiro quedarme aquí dentro, sentado e soñando, agardando polos días de fresco e curado.
Aínda que o teu perfume consiga colarse por debaixo dos meus pés non agardes que saia. Non repetirei o mesmo erro.
Levanto aquí o meu bosque, onde fallei e por un intre decidín voltar a caír. Volto a recoller moras, pero desta vez medran nunha rocha gris e son eu só quen as recolle.
Se outra vez atopo o teu corpo precisarei un momento, cecais moi longo, para mirarme nos teus ollos e recoñecerme.
E coa miña man recollo moras na parte interior dunha campá de pedra.