Afeccións
Gosto das noites. Gosto desa tolemia que nos invade por culpa da lúa.
Eu son dos que quedan porta afora nos bautizos e fala de que o mundo debería ser de todos (e de que vai sendo hora de que se borre aquel puto nome na fachada de Igrexa). Eu son o fillo dun deses cinco catequistas malditos que xa non pisan a Casa do Señor. Foron morrendo un a un (a un explotoulle a casa, outro foi vítima dunha sobredose...) e o medo recorre de cando en vez as veas destes ex-catequistas.
Gosto das flores e das luces. Gosto da ledicia que aparece cando fume e auga se xuntan.
Eu son dos que agardan nas esquinas a que veña o mercader de soños, o cal sempre se retrasa. Eu bebo a carón do mar para xuntarme en alma con todos aqueles que non están aquí e doume conta de que o mundo é un debuxo de colorinchos tan fermoso que me dan ganas de coller unha goma de borrar e facer desaparecer os malos bocetos que aínda pululan polo papel.
Gosto das olladas. Gosto das apertas infinitas e do efémero amor que gardan.
E agora sei que, sexa na porta do Concello de Cangas ou ben na porta do Cosmos, a felicidade é un dedo índice que xoga co pescozo da túa camiseta e te fai temblar. É un roce de bolboreta na meixela e unha loira de cara estrana que se ri contigo mentres comparte bicos con outro (sen tan só me lembrara de qué carallo nos riamos). Malditos sexan os teus tacóns de agulla. Retírome a respirar prantas venenosas cara alí onde teño o meu Palacio montado. Sei que algún día virás.
Gosto das risas e do ruído frenético. Gosto desa surrealidade que todos levamos dentro pero que poucos se atreven a amosar (e estes son os que aínda nos dan a esperanza)
Lembrarei sempre a historia dos cinco catequistas malditos e a catedral de sete botafumeiros que construimos no coche de Hugo (no mesmo lugar onde unha avispa se enfadara con Diego e lle picara no cóbado, dexenerando todo nunha das aventuras máis surrealistas posíbeis no Centro de Saúde. Eran os prologómenos do Trasno, esa é a explicación). E sempre quedará esa nova relixión que inventamos nunha noite, o que puido ser se os catequistas malditos non deixaran de pisa-la Igrexa e se converteran en renegados.
...E hoxe resaca, pero Coti axúdame a sobrelevala (maxistral a colaboración de Ismael Serrano: cuantos dias, cuantos meses,cuantos años?). Veño de visitar a Casa Comunal e logo cearei nalgún bar...
1 Comments:
Superachest!:P mola moito ainda q a historia esa dos catequistas e demente de mais...(cara de medo)tas tolo de todo!!!pásao ben e cuidado coas caras estranas, xD, os nomes curiosos e as agullas dos tacóns que se cravan a modiño e fan dano(só se deixas), x aqui as festas bem ainda q seguen problemas case case esquencidos, relacionados con aquela noite ¿ortigueriana?!!!Aplicate cos libros ai, apertiñs!!!
Enviar um comentário
<< Home