domingo, agosto 21, 2005

Luces no Ollos Vermellos




Quixen ser o teu preferido esta noite.

Por ti nacéronme os colmillos e por ti emprendín o camiño da emigración.
(e a túa face, sempre indiferente, tan só conseguía entolecerme máis...)
Ata que comprendín que ambolos-dous eramos pezas dun mesmo todo, comprendín que ti es un broche de diamante no manto de abrigo dese Ser ao que lle queimo o osíxeno.
Comprendín que eramos a mesma persoa, e por iso inevitablemente estabamos condeados a amarnos.

Pero esta noite era especial. Esta noite precisaba ser o teu favorito Precisaba ver ese sorriso que nunca chegou pero que sei que chegará, ese que tan só vin en soños.

Por iso esta noite pedínlle aos vellos que taparan os oídos ao meu paso (eles adoraban unha Cruz e a un Dios morto, nós agarrabamos forte as botellas coma se fosen trofeos de guerra). Por iso esta noite recorrín as rúas de pedra e en media hora consumín doses que nunca consumira antes nunha noite. Por iso esta noite celebrei o teu aniversario pois sei que cumples anos tódolos días.

E por ti, tan só por TI, fun o neno cos ollos máis vermellos da noite.

Tan só por TI as miñas pupilas foron o maior incendio no corpo do Ser.

Tan só por TI fiquei cego de por vida.

Por TI, a quen xa é imposible que lle vexa ese sorriso que aparece tantas veces nos meus soños.