terça-feira, março 27, 2007

ePíLoGo

(Son as doce da mañán. Soa "Heroína" nos fubolíns e billares dun dos bares máis escuros de Bueu, mentres seis nenos perdidos se afogan en nubes de pipas e tabaco. Alguen baixa polas escaleiras e na cara de H aparece un súpeto sorriso e un movemento oscilatorio emerxente do seu brazo esquerdo. Danse unha media aperta. Todo é perfecto ese A é feliz. Poden parase os planetas que todo está ben aquí. Todo son risas e música "más chutes no...!" e lembraza daquel personaxe de Xamon-Safarvos que atopamos unha noite en Bueu. A replica:"os unicos personxes que mirei ultimamente en Bueu sodes vós". E de súpeto as palabras foron espellos e algún rompeuse contra o chan branco e negro do Dispao. Son as doce mañan e seis nenos perdidos dun dos bares máis escuros de Bueu son felices mentres nadan entre nubes de pipas e tabaco "tan sólo oír tu nombre sabe a ruina...".)