terça-feira, agosto 30, 2005

Coreografía (para 3 mulleres)

Paxaro...
Lúa...
Estrela!
Música : o "no fallé" de Julieta Venegas no "Nada fue un error" de Coti
Fondo: o teu saúdo de diamantes e navallas aquela noite que as vampiresas invadiron o Chímpalle

domingo, agosto 28, 2005

Afeccións

Gosto das noites. Gosto desa tolemia que nos invade por culpa da lúa.

Eu son dos que quedan porta afora nos bautizos e fala de que o mundo debería ser de todos (e de que vai sendo hora de que se borre aquel puto nome na fachada de Igrexa). Eu son o fillo dun deses cinco catequistas malditos que xa non pisan a Casa do Señor. Foron morrendo un a un (a un explotoulle a casa, outro foi vítima dunha sobredose...) e o medo recorre de cando en vez as veas destes ex-catequistas.

Gosto das flores e das luces. Gosto da ledicia que aparece cando fume e auga se xuntan.

Eu son dos que agardan nas esquinas a que veña o mercader de soños, o cal sempre se retrasa. Eu bebo a carón do mar para xuntarme en alma con todos aqueles que non están aquí e doume conta de que o mundo é un debuxo de colorinchos tan fermoso que me dan ganas de coller unha goma de borrar e facer desaparecer os malos bocetos que aínda pululan polo papel.

Gosto das olladas. Gosto das apertas infinitas e do efémero amor que gardan.

E agora sei que, sexa na porta do Concello de Cangas ou ben na porta do Cosmos, a felicidade é un dedo índice que xoga co pescozo da túa camiseta e te fai temblar. É un roce de bolboreta na meixela e unha loira de cara estrana que se ri contigo mentres comparte bicos con outro (sen tan só me lembrara de qué carallo nos riamos). Malditos sexan os teus tacóns de agulla. Retírome a respirar prantas venenosas cara alí onde teño o meu Palacio montado. Sei que algún día virás.

Gosto das risas e do ruído frenético. Gosto desa surrealidade que todos levamos dentro pero que poucos se atreven a amosar (e estes son os que aínda nos dan a esperanza)

Lembrarei sempre a historia dos cinco catequistas malditos e a catedral de sete botafumeiros que construimos no coche de Hugo (no mesmo lugar onde unha avispa se enfadara con Diego e lle picara no cóbado, dexenerando todo nunha das aventuras máis surrealistas posíbeis no Centro de Saúde. Eran os prologómenos do Trasno, esa é a explicación). E sempre quedará esa nova relixión que inventamos nunha noite, o que puido ser se os catequistas malditos non deixaran de pisa-la Igrexa e se converteran en renegados.

...E hoxe resaca, pero Coti axúdame a sobrelevala (maxistral a colaboración de Ismael Serrano: cuantos dias, cuantos meses,cuantos años?). Veño de visitar a Casa Comunal e logo cearei nalgún bar...

domingo, agosto 21, 2005

Luces no Ollos Vermellos




Quixen ser o teu preferido esta noite.

Por ti nacéronme os colmillos e por ti emprendín o camiño da emigración.
(e a túa face, sempre indiferente, tan só conseguía entolecerme máis...)
Ata que comprendín que ambolos-dous eramos pezas dun mesmo todo, comprendín que ti es un broche de diamante no manto de abrigo dese Ser ao que lle queimo o osíxeno.
Comprendín que eramos a mesma persoa, e por iso inevitablemente estabamos condeados a amarnos.

Pero esta noite era especial. Esta noite precisaba ser o teu favorito Precisaba ver ese sorriso que nunca chegou pero que sei que chegará, ese que tan só vin en soños.

Por iso esta noite pedínlle aos vellos que taparan os oídos ao meu paso (eles adoraban unha Cruz e a un Dios morto, nós agarrabamos forte as botellas coma se fosen trofeos de guerra). Por iso esta noite recorrín as rúas de pedra e en media hora consumín doses que nunca consumira antes nunha noite. Por iso esta noite celebrei o teu aniversario pois sei que cumples anos tódolos días.

E por ti, tan só por TI, fun o neno cos ollos máis vermellos da noite.

Tan só por TI as miñas pupilas foron o maior incendio no corpo do Ser.

Tan só por TI fiquei cego de por vida.

Por TI, a quen xa é imposible que lle vexa ese sorriso que aparece tantas veces nos meus soños.



sexta-feira, agosto 19, 2005

PETICIÓN URXENTE!!!!!

Que alguen me grabe o cd de Coti, por favor!!!!!!!!!!

-as peticións inmorais fareinas persoalmente no seu momento-

Que tal?

Boeno, esta vai ser un dese posts de saudo a contrarreloxo, mentres teño unha conversa polo messenger a medias e á que non fago moito caso (perdóoooooon). Vou deixar xa os cibers!

Son estes momentos de aproveitar as derradeiras pingas de bohemia buenense, antes de voltar a Vila Feitiña (máis alcólico e drigadicto ca nunca) e atoparme por alí coas vivencias que me agardan estano.

Foi este un verán realmente espiritual no que poiden vivir un pouco de todo, e xa teño gardado pra os lectores deste blog algunhas historias para cando teña tempo: Van Eyck pintando lúas, pescadores de goma e plástico, o sr. Crebacabezas buscando os seus beizos.

Unha aperta a tod@s!!!!

terça-feira, agosto 02, 2005

Ando deprimido...

O domingo cando marchaba de Piri coa debida dose de Vodka nas veas puxeron unha versión dance do "Here I Go Again" de Whitesnake. ooooooooooooooooooh!

E hoxe sei que a pesares da miña recén descoberta dote coma psicoanalista, quédame puco tempo para voltarme tolo e ficar uns cantos anos só e pechado no meu cascarón.

Mecago nos libros de Políticas!