sexta-feira, setembro 16, 2005

CONCLUSION

Vivo nas putas nubes, en precario equilibrio
o golpe da caída será mortal!
Fin do Libro I

quarta-feira, setembro 14, 2005

Perdón pola tristeza



Lémbrome cando era un rapaz de flequillo e mofletes anchos, un rapaz de ollos grandes e orellas de soplillo. Lémbrome do sorriso que botei nada máis facer a primeira comuñón e aquel tempo no que olñlaba ao mar e cría en Deus (menos mal, duroume pouco). Lémbrome escoitando a Víctor Jara e a Silvio e o fácil que era crer no socialismo (agora sigo crendo pero con máis crebadeiros de cabeza). Lémbrome cando me ensinabas a soñar, cando cantamos xuntos o Hino naquel concerto de Suso. El morrería uns meses despois e convertérase nun mito para nós. Lembro cando me poñías aquela canción de Suburbano ("dime qué hacemos, pirata, en medio de este descalabro. Quédate tú si prefieres que yo me abro de aquí").

E agora aprendín a odiarte a golpe de navalla e berro. Agora queres levarme do único lugar no que cecais fun feliz. Agora, que ti cres conseguir fuxir do teu descalabro, comeza o meu. Agora sei que nunca conseguin quererte coma pai, que o teu bafo a cervexa e tabaco puido máis que as cancións e os libros.

Decidino: non me irei contigo, tampouco me quedarei na casiña a carón do mar. Tampouco Vila Feitiña consegue calmarme, estou ata os güevos desta puta cidade. Precisaba pasarme uns meses crioxenizado e atoparme cunha nova vida de súpeto.

Decidino: teño un mal presentimento e os meus malos presentimentos sempre se cumpliron ata agora. Este ano será o ano da miña fuxida. Cara algún lugar... lonxe...

Total, como diría Patxi Andión, a quién le importará.. na nai ná na nai ná

...

"Y el pájaro a la luz de la Luna se posó en una estrella..."
Pero non sabía que a aguia imperial xa pousara as súas gadoupas na Lúa

terça-feira, setembro 13, 2005

Poema Lingüístico-Económico Buenense New Wave


Os teus demirares
son uns debeberes

cando pouso os meus debicares
nas túas decolleres


(Á súa esquerda o autor de tal ida e pinza:
o inconfundible avó de Miro Pereira!!!!!)

quinta-feira, setembro 08, 2005

"Oh, sí" de Charles Bukowski

Hai cousas peores ca
estar só
pero a miúdo fan falla décadas
darse conta diso
e máis a miúdo
cando isto ocorre
é demasiado tarde
e non hai nada peor
ca
un demasiado tarde

Tal vez mañá...


...decida dunha vez se mergullarme no Mar ou botar a voar até a Lúa!

terça-feira, setembro 06, 2005

Post aberto a comentarios

"¿Imaxinades un Estado no que tódolos membros consumisen haschísch?
¡Que cidadáns! ¡Que guerreiros! ¡Que lexisladores!"
(Tirado dos "Paraísos Artificiales" de Charles Baudelaire)

segunda-feira, setembro 05, 2005

Cando as follas caen..

"A nosa Terra ten tendencia ao alongamento dos outonos"
R. Otero Pedrayo
...E atrás quedarán as noites a carón dos mares. Coma dúas follas dunha mesma árbore, chegará o vento de Setembro e será o momento de fuxir desa poliña que os une. Ela voará lonxe, a outro país, a outra terra onde os trens sempre chegan con retraso. E el quedará ao pé da árbore, marrón e escuro polo Sol de Agosto (igual cá ela), e quererá fundirse co chan e atopar as bagullas de auga que alimentan ás raigames.
...E lonxe, sempre tan lonxe un doutro... sen atopar nunca de volta aquela poliña na que conseguiron por un tempo ser folliñas verdes resgardas da tolemia dos pirómanos, sen responder endexamáis aos cantos das rulas as noites de luar.
...Lembrarán os magos con botellas e fíos nos petos. Lembrarán aquel barquiño no peirao e as noites de venres de soidades compartidas. Lembrarán as carreiras nas noites de néboa pola praia e o desexo de batir récords e conseguir papel.
...Lembrarán longas conversas e a vergoña ante a chuvia, o futbolín das risas e a felicidade, as noites nas que mandaron ao exilio os vermes e a camisola do revés.
...Pero tamén lembrarán que voltarán a mirarse (coma a primeira vez, naquel debuxo a lapis embaixo da Lúa)
...E cecais tamén choren un pouquiño mentres agardan.
Para María e Diego, por facerme un pouco máis feliz este verán e pola súa felicidade compartida. Deséxovos o mellor. Sodes grandes!!!!!
Tamén para aquel@s que se van este ano e que agardo que volten cun sorriso que non lles quepa nos beizos.

Estou...



So os teitos
So as olladas
So os teus beizos



So unha agulla fraca
So unha pegada a contrapé
So focos na Antártida



So o eterno
So o cleido
So o mastoideo



So ti
So min
So mentes...

(Son as 6 da mañán e preciso unha aperta!)