Instrucciones para salvar el odio eternamente
Si ella se va no trates nunca de entenderla.
Porque cuando ella se va
Desarmado. Co corpo retorcido. Exiliado... Sometido a un ceo de marróns e de grises que non semella que vaia rematar. Cada vez é máis escuro, e non deixo de pensar que tal vez me gustaria que se avalanzara sobre min. Que me inundara, que conseguira entrar nas miñas veas e alimentar as miñas células coa suave alento dos paxaros. Sería a mellor forma de fuxir, si, fuxir, tan lonxe.
E contigo, sempre contigo. Man enriba de man e flores nos ollos. Sospiro... Sospiro e fumo porque é o único xeito de sentir unha presenza (a do fume).
Agora tan só quero estar xunta ti. Voltar a revolver ese sorriso na tua face. Sentir o tacto das tuas nos meus xeonllos. Escoitar a promesa de que, a pesares destes trebóns, o marabilloso que pouco a pouco foi nacendo quedará.
Loucura. Espirais e espirais na miña fronte, brazos que se estiran, peito que estala. Embaixo dos adoquíns agárdame a praia, mergullareime algun dia de cabeza neles. Infindo mar de pedra de Compostela, eterna marea de gris e duro algodón. Doce baño de granito.
Tan só quero que algun ser celestial me mande un sms que ao abrilo poña esperanza.
O resto, é soedá.
Compañeiro Daniel de vida innumerable /como os astros do ceo i os camiños do mar /na tenebrosa noite da patria inhabitable /témoste no recordo con mao á luz alba.
Un disparo. Violento golpe na sen (pensades que todo se vai co vento, pero hoxe deixades aquí semente de vencer!). Un corpo cae sen vida pero ningún eco da caída consegue chegar ata nós.
Levabas algo no peito.Non sei se eran dúas rosas ou dúas maragaridas que che escapaban.Aromas... calor que se agochaba no meu profundo interior, oculto entre o fume de tantas presenzas pasadas.E ao redor, mil lúas que deciden botar a andar propulsadas por motores de galosina, corais no chan que se desfán. Chove, e eu desfágome na chuvia coma nun café o azucre, coma un caramelo na túa boca. E segue aí o teu peito. "Que gardas ai?", pregunto mudo na túa próxima distancia. Non me atrevo a mover os beizos, silenciosa ti tamén calabas (a ollada revirada).Debo irme, o mundo chámame. O meu estómago dá voltas, precisa menciñas.Non miras como me vou, tampouco miraches nunca como cheguei. Un baleiro vaise, un baleiro que quere encherse con aromas. "Que gardas aí?". "Gardo as esperanzas, a fonte da que máis queres beber ti".
Se atopa unha muller con escote na porta do Zara de Praza da Galiza, por favor descubra o sombreiro se resulta que é unha rapaza morena, de chaqueta oscura e pantalóns negros e morados. Acabará vostede de ver a unha das mellores repartidoras de flores da cidade.