Beizón na Noite
Na escuridade de voces...
eu apalpo tebras e téndoche a miña man...
Na escuridade de voces...
...para esas noites presentes e futuras nas que precisarei consumir sales de litio:
Aganto nervoso o cítrico desexo de chorar que me provoca o fume da sala e decido absorver (apretando ben os beizos e debuxando enrugas nas meixelas) o picor dalgún gran que me saiu por embaixo da pálpebra.
Morceguiño, morceguiño... quen é a máis guapa da cidade?
Por que me custa tanto sorrir, falar cando estou rodeado de xente? Eles rin e beben, eu calo e fumo (fumar é o acto de consumo preferido dos melancólicos) mentres tento buscar a salvación entre abismos de furacán e neve.
Hilario Camacho, 1975
Hace tiempo era un niño buen cazador de nubes
y es que al cielo subía por sumas de escaleras
trepando por la hierba de luz del arco iris
o por los hilos de sol de mis cometas.
Ahora quiero volar, y sé que antes del silencio,
antes del bien y el mal, del cruel y del tirano
pasaba por el mundo sobre ángeles y cosas
un hombre libre con alas en las manos.
Ahora vuelvo a volar. Tengo unas alas blancas
con que abrazar el aire, romper el horizonte,
llegar hasta ciudades lejanas como sueños
y enseñarles a todos que es posible la vida.
Suben a mi ventana gritos alucinados,
chirridos de sirena arañándome entero
y voces de "estás loco, volar es para pájaros".
Pero extiendo mis alas, miro hacia el cielo y salto,
miro hacia el suelo y caigo.
Hoxe algún morceguiño levouse as miñas verbas nas súas áas.
Na miña cabeza ninguén resposta.
Non hai ninguén aí dentro.
Pecho os libros abertos e quédome coas letras debuxadas naquela rosa que me regalaras.
É hora de queimar verbas...
Que pasará cando no remate das escaleiras xa non haxa ninguén agardando?
Tan só unha porta marrón, pechada con chave, aparece no umbral dos meus beizos.
Quédome co silenzo
e coas ganas de berrar
Quédome contigo
e coas ganas de amar
(aínda que ao final a branca candea nunca chega a alumear, pero si a deixar o seu rastro de brancura polas baldosas do noso bosque sagrado)
Desexo de avanzar... presión no peito...
Hai unha Man Escura que quere vingarse de min...
Ela levouse todas as miñas bágoas...
(a súa lembranza é a lembranza das espiñas e do fracaso, aquela época na que eu non sabía o que era mentir)
E agora agardo a que entre golpe e golpe que me asesta de cando en vez teña unha posibilidade de coñecer a Vida.
Algún día as sombras do pasado vos pasarán a conta. E xa non teredes cartos para pagar...
Amarelo, violeda, laranxa... Ela ía vestida de cores e os tintes rosáceos do atardecer ollábana con envexa.
A mesa é branca. Todo no seu redor era branco. As siluetas, os rostros da xente que pasaba eran todos brancos. Eles semellaban dúas letriñas escritas nun papel, un punto e coma... O resto eran sospiros, lenes brisas que facían mover as páxinas do libro e que se levaban todo. As personaxes ían e viñan nese remuíño, había xente que morría, xente que nacía, bebés con fusís nas mans e vellos xogando cos axóuxeres... Pero eles dous ficaban sempre no mesmo sitio, mirándose aos ollos con tan só brancura ao redor. Era eterno, era marabilloso.